Cheché Real renova como presidente da Confederación Galega de Empresarios de Hostalaría e Turismo

LugoXa
O director de Turismo de Galicia salientou o papel das asociacións do sector e apostou por un diálogo continuo para reforzar o modelo turístico galego
Presidente-Confederación-Hostelería-Cheche-Real
30 Sep 2025

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, e o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, asistiron esta mañá ao acto de toma de posesión de Cheché Real, que renova o seu cargo á fronte da Confederación Galega de Empresarios de Hostalaría e Turismo.

Durante o acto, Merelles puxo en valor a relevancia das entidades asociativas do sector, ás que cualificou de fundamentais para enriquecer as políticas turísticas.

Ademais, defendeu a necesidade dun diálogo construtivo e constante entre todas as partes implicadas, co obxectivo de consolidar un modelo de xestión que xa comeza a ofrecer resultados en ámbitos como a desestacionalización, a diversificación da oferta e a internacionalización do destino Galicia.

⚙ Configurar cookies
0.091320037841797