Chega a Inspección Técnica de Vehículos Agrícolas a Coeses
LugoXa
Esta inspección terá lugar no campo da festa da parroquia, ofrecendo un servizo cómodo e accesible para os propietarios de maquinaria agrícola da zona

17 Feb 2025
Os días 18 e 19 de febreiro, a Unidade Móbil 04 realizarán unha nova inspección técnica de vehículos agrícolas na parroquia luguesa de Coeses.
Esta inspección terá lugar no campo da festa da parroquia, ofrecendo un servizo cómodo e accesible para os propietarios de maquinaria agrícola da zona.
O horario de atención será de 09.00 a 13.00 horas e de 15.15 a 18.00 horas en ambos os dous días.
Para garantir un servizo áxil e sen aglomeracións, será necesario solicitar cita previa chamando ao número 981 928 080 ou a través da páxina web www.sycitv.com.
Esta inspección técnica é esencial para asegurar o correcto funcionamento e a seguridade dos vehículos agrícolas, así como para cumprir coa normativa vixente.