Chega a primeira edición do Cúniquer Gastro Fest

LugoXa
A primeira edición do Cúniquer Gastro Fest celébrase en Portomarín os días 9, 10 e 11 de setembro e contará con música e oferta gastronómica.
festival cuniquer
12 Ago 2022

A primeira edición do Cúniquer Gastro Fest celébrase en Portomarín os días 9, 10 e 11 de setembro. Un festival que estará dividido en tres zonas ubicadas en diferentes puntos de Portomarín, unha musical, outra gastronómica e outra de chill out.

A programación musical contará con artistas como Susana Seivane, The Soul Jacket, Edgar Bao ou Forget la France e terán un acceso gratuito, como todo o festival.

Na parte gastronómica o festival contará con diferentes opcións como unha zona de postos de marcas galegas que terán os seus produtos a venta ou una gran oferta de foodtrucks para poder elixir entre unha gran variedade de comida.

O festival contará tamén con unha sección de viños e vermús, showcokings e actividades extras para completar un festival cheo de música e gastronomía.

cuniquer
0.19998717308044