Chega ao Pazo de San Marcos unha mostra sobre o Camiño de Inverno

LugoXa
Chega ao Pazo de San Marcos unha mostra sobre o Camiño de Inverno. Trátase dunha mostra fotográfica, integrada da ruta xacobea
camino inverno bajando_codos_hacia_belesar
29 Ago 2021

O vindeiro luns, día 1 de setembro, ás 19.00 horas, na sala de Exposicións do Pazo de San Marcos, terá lugar a inauguración da mostra Camiño de Inverno. De Ponferrada a Compostela, co lema de “lugares únicos, heroínas e anfitrións”. Trátase dunha mostra fotográfica, integrada por medio cento de imaxes da ruta xacobea que descorre pola Ribeira Sacra lucense, ademais de paisaxes e monumentos, que a Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da Universidade de Santiago (Alumni USC) presenta na cidade das murallas coa colaboración da Deputación de Lugo, a través da súa Rede Museísica, durante o mes de setembro no Pazo Provincial.

Alumni USC asumiu o reto de plasmar nunha exposición a “realidade viva” do Camiño de Inverno, destacando o traballo das persoas que contribúen ao seu desenvolvemento, con especial atención á economía rural e social, tal como explica Ortigueira, comisario da exposición. “Este traballo de investigación supuxo retratar a cada persoa na súa ocupación ou coa que ten un vínculo especial. Todas e cada unha amosáronse receptivas a esta iniciativa, sendo conscientes de que cómpre unha maior colaboración e coordinación entre as Administracións Públicas e as asociacións sociais e culturais, para engrandecer e proxectar o Camiño de Inverno. Entre outros, aparecen os retratos de amigos do Camiño, pousadeiras e guías, empresarios e traballadores, un párroco e un sancristán, etcétera”, segundo engade o comisario. As imaxes represéntanse en formatos aproximados de 70 x 100 cm, inclúe catro grandes paneis explicativos da ruta e recursos diversos, así como un mural con fotos feitas  polos camiñantes da propia entidade universitaria.

O vicepresidente de Alumni USC agradece “encarecidamente” a hospitalidade e esforzo realizados pola área de Cultura da Deputación para acubillar a mostra. “Somos sociedade civil que quere con esta actividade contribuír a facer máis visible o medio rural, así como promocionar un itinerario xacobeo que posúe enormes riquezas naturais, un territorio cheo de construcións civís e relixiosas, e unha terra acolledora no corazón de Galicia”, segundo agrega Herrero.

0.21160888671875