Chega o XLVIII Concurso-Exposición de Gando Vacún da Fonsagrada

LugoXa
Poderán concorrer todos os produtores gandeiros de Galicia e Asturias
ganderia-carne-rubia-galega-vaca
Foto recurso
25 Ago 2024

A Fonsagrada celebra o XLVIII Concurso Exposición de Gando Vacún o vindeiro sábado 7 de setembro no mercado gandeiro comarcal do municipio. Só poderán entrar as reses que teñan o regulamento sanitario da feira publicado na web do concello. A partir das 15.00 horas do venres estará aberto o recinto para a entrada dos exemplares.

Poderán concorrer todos os produtores gandeiros de Galicia e Asturias. As razas participantes son rubia galega e asturiana de los valles. A inscrición realízase na entrada do rexistro ata un top de 100 reses. Os interesados poden anotarse ata o 30 de agosto nas oficinas do Concello da Fonsagrada e no 982 340 000.

Entregarán grandes premios en metálico e trofeos das entidades oficiais e casas comerciais que axudan ó concurso expoisición, ademais de premios esepciais ao mellor lote da Fonsagrada de gando de razas galegas e asturianas e ao mellor lote de fóra do concello. As reses que formen parte dos lotes, quedarán excluídas da participación nas categorías individuais. Ás 11.00 horas pecharase a entrada de gando no recinto e ás 12.00 horas comezará a subatas de Acruga.

XLVIII Concurso Exposición de Gando Vacún a fonsagrada
0.085294961929321