Chegan a Ponte de Outeiro as súas festas na honra á Virxe da Portería
LugoXa | TerraChaXa
As celebracións darán comezo o venres, ás 22.00 horas con petiscos veciñais, antes dunha verbena
1 Sep 2024
Ponte de Outeiro, no concello de Castro de Rei, celebrará esta fin de semana a festa na honra á Virxe da Portería.
As celebracións darán comezo o venres, ás 22.00 horas con petiscos veciñais, antes dunha verbena, da que se encargará Discomovil Eventec.
O sábado 6 ás 13.30 horas haberá misa solemne e procesión con Asubíos da Chaira. O grupo Fénix será o encargado de amenizar a sesión vermú deixando a verbena para as orquestras Capitol e Marbella.
Así mesmo, o domingo repetirase a misa ás 14.00 horas e o apartado musical estará dirixido pola orquestra D'Noche en dobre sesión, vermú e verbena.