Chegan a Augas Férreas as masterclass abertas de hip-hop

LugoXa
A praza deste barrio acollerá estas actividades gratuítas, con aforo aberto e sen inscrición previa, para mozos e mozas de 11 a 17 anos
_masterclass-de-hip-hop
24 Aug 2025

A área de Xuventude do Concello de Lugo levará á Praza de Augas Férreas masterclass abertas de hip hop, que se desenvolverán desde mañá luns ata o vindeiro 30 de agosto, en horario de 20.00 a 21.30 horas. Trátase dunha actividade posta en marcha desde o Concello de Lugo, con aforo aberto, para mozos e mozas de 11 a 17 anos, que poderán participar sen necesidade de inscrición previa.

As clases estarán impartidas por profesores e adestradores da escola Start Dance, que desenvolverán sesións cada día para mellorar as técnicas e pasos básicos de hip hop ou ben iniciarse neste estilo urbano.

As clases, con aforo aberto, comezarán cun quecemento con exercicios específicos para a práctica de hip hop. Posteriormente se explicarán os fundamentos e pasos esenciais desta disciplina, para aplicalos ao ritmo e ás dinámicas musicais propias deste baile urbano. Non é necesario ter un nivel previo de hip hop, xa que cada día traballarase con cada grupo unha coreografía, na que se apliquen os distintos conceptos adquiridos na clase. As sesións rematarán con estiramentos e exercicios de relaxación.

Ademais, está previsto reunir a todas e todos os participantes en cada unha das seis sesións, para o último día de masterclass, o sábado 30 de agosto, que podan bailar de xeito conxunto a coreografía aprendida.

⚙ Configurar cookies
0.17582297325134