'Chegaron de lonxe': a nova edición da Letra das Festas destaca a poboación inmigrante no San Froilán

LugoXa
O Vello Cárcere acolleu unha representación que combinou música, arte e reflexión social
Letra-das-Festas-San-Froilán-2025
8 Oct 2025

A 15ª edición da Letra das Festas, a revista oral do San Froilán, celebrouse no Vello Cárcere baixo o título Chegaron de lonxe: a poboación inmigrante no San Froilán e resultou un éxito rotundo.

A nova edición foi presentada por Lois Pérez e contou coa participación da artista multidisciplinar Luz Darriba, a profesora Julieta Insagaray, Kike de Vidal e o cociñeiro Leo Zordán, mentres que a ambientación musical correu a cargo de Yadim Yukhnevich.

A concelleira de Cultura, Maite Ferreiro, destacou "as múltiples accións que desde a área de Cultura estamos a realizar para visibilizar a defensa do pobo palestino durante as festas".

Nas pantallas dos escenarios proxéctase a bandeira de Palestina antes dos concertos e o Vello Cárcere mantén tamén unha bandeira colgada. Ademais, distintas rúas do centro contan con elementos decorativos que fan referencia a Palestina, "na defensa dun pobo que está a ser sometido a un xenocidio", afirmou Ferreiro.

O programa do San Froilán continúa con máis actividades ao longo dos próximos días, mantendo a aposta por combinar cultura, entretemento e sensibilización social.

⚙ Configurar cookies
0.08218789100647