Cheo de expositores na I Feira de Emprego e Talento da AEPOCAG
A primeira Feira de Emprego e Talento impulsada dende a Asociación Empresarios do Polígono O Ceao - As Gándaras que arranca hoxe na cidade, e que conta cun cheo total da súa área de expositores.
Máis de vinte empresas e institucións ocuparán a sede da asociación este xoves para relacionar a todos os actores do mercado laboral. Esta resposta é reflexo da necesidade deste tipo de accións na nosa provincia e aventura o éxito de poñer en relación a oferentes e demandantes de emprego especialmente nos polígonos empresariais do Ceao e As Gándaras.
Ante o éxito alcanzado, a organización habilitou unha lista de agarda para expositores que non puideron confirmar con antelación a súa presenza.
Como estaba previsto, a solicitude de espazos non soamente proveu desde os polígonos lucenses, senón que adquiriu un ton provincial tendo en conta que desde a asociación quíxose concienciar sobre a función dos polígonos nos territorios nos que están presentes, unha concentración de industrias que xeran riqueza e emprego.
RESPALDO INSTITUCIONAL
Estarán presentes na I Feira de Emprego e Talento a Directora Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia, Elena Mancha Montero de Espinosa, que compartirá mesa con María Xosé Mariño, Directora da Área de Centros da Axencia Galega de Innovación, con Ana González Abelleira, Concelleira de Desenvolvemento Local e con David Sobral, Secretario Xeral da Federación Galega de Asociacións de Parques Empresariais. Entre todos achegarán visións e estratexias para as empresas e industrias situadas nos polígonos.
Pola mañá, contarán ademais, coa presenza do Pablo Rivera Capón, Deputado Provincial do Área de Promoción Económica e Social da Deputación, que presentará varios aspectos do programa Reiníciate enfocado especialmente a persoas en busca de emprego.