Chocolatadas, postos con xoguetes, obradoiros e moito máis no Mercado Nadalmente lucense deste ano

LugoXa
O mercado Nadalmente Lucense, promovido polo Concello de Lugo, abrirá as súas portas oficialmente este xoves, 5 de decembro, cunha chocolatada navideña, a visita de Mamá e Papá Noel
Nadalmente-lucense
4 Dec 2024

O mercado Nadalmente Lucense, promovido polo Concello de Lugo, abrirá as súas portas oficialmente este xoves, 5 de decembro, cunha chocolatada navideña, a visita de Mamá e Papá Noel e diferentes actividades destinadas ás familias e ao público infantil; ademais dunha sesión musical a partir das 20.00 horas, co DJ Fetén.

Así o avanzou o edil de Dinamización Económica, Mauricio Repetto, quen subliñou que “esta iniciativa, consolidada como un dos puntos de referencia das festas na cidade, busca dinamizar o comercio de proximidade e converter o centro nun espazo cheo de vida e ilusión durante as datas do Nadal”.

O concelleiro lembrou o impacto positivo deste mercado para o comercio local: “Queremos que este Nadal, os negocios de Lugo teñan unha plataforma única para exhibir a calidade e variedade dos seus produtos. Ademais, contribuímos a facer da nosa cidade un referente en experiencias navideñas”.

Neste senso, convidou a toda a cidadanía a achegarse ao mercadiño situado no Praza Maior. “Ademais de ofrecer unha experiencia única para toda a familia, este mercadiño é unha oportunidade marabillosa para apoiar o noso comercio local e artesáns, que poñen todo o seu esforzo e creatividade en cada produto”, subliñou.

Por outra banda, o edil lembrou que, como novidade, este ano o Concello de Lugo reservou un espazo no mercado para a celebración do Diversiarte, que este ano a Concellería de Benestar Social optou por levar ao Mercado de Nadal, co fin de fomentar a inclusión e a visibilización de colectivos de persoas con capacidades diferentes, tanto do seu labor como da súa actividade, favorecendo ao mesmo tempo unha maior integración co tecido empresarial e social de Lugo.

“Paralelamente, ponse a disposición das asociacións lucenses durante o mesmo período de Nadal o local municipal do viveiro de empresas da Tinería, que poderá ser empregado por quendas”, concluíu.

PROGRAMA DO MERCADO DE NADAL DE LUGO

O Mercado de Nadal contará con casetas decoradas, iluminación especial e un horario amplo: de 11.00 a 14.30 horas e de 16.30 a 21.00 horas, excepto os días 24 e 31 de decembro, con horario reducido ata as 14.30 horas, e os días 25 e 1 de xaneiro, cando permanecerá pechado.

A programación de actividades para os vindeiros días será:

Xoves, 5 de decembro

  • De 16.30 a 20.30 horas: Chocolatada Navideña.
  • De 16.30 a 21.00 horas: Visita de Mamá e Papá Noel.
  • De 17.30 a 18.30 horas: Obradoiro 'Escribindo a carta a Papa Noel'.
  • De 18.30 a 19.30 horas: Teatrillo infantil.
  • De 19.30 a 21.00 horas: Xogos Navideños con Mamá Noel.

Venres, 6 de decembro

  • De 11.00 a 13.00 horas: Visita de Mamá Noel.
  • De 12.30 a 13.30 horas: Xogos tradicionais.
  • De 13.30 a 14.30 horas: Obradoiro de manualidades navideñas.
  • De 16.30 a 18.00 horas: Visita de Papá Noel e Mamá Noel.
  • De 18.00 a 19.30 horas: Gaita tradicional con Álvaro Candal.
  • De 19.30 a 20.30 horas: Xogos Navideños cos Elfos.
  • De 20.30 a 21.00 horas: Teatrillo Infantil.

Sábado, 7 de decembro

  • De 11.00 a 12.30 horas: Xogos tradicionais.
  • De 12.30 a 13.00 horas: Teatrillo Navideño.
  • De 13.00 a 14.30 horas: Visita de Papá Noel e Mamá Noel.
  • De 16.30 a 17.30 horas: Visita de Papá Noel.
  • De 17.30 a 18.30 horas: Espectáculo de Maxia co mago David Méndez.
  • De 18.30 a 20.30 horas: Obradoiro de manualidades.
  • De 20.30 a 21.00 horas: Visita do Elfo xunto con Papá Noel.

Domingo, 8 de decembro

  • De 11.00 a 12.30 horas: Obradoiros Navideños.
  • De 12.30 a 14.00 horas: Visita de Papá Noel.
  • De 14.00 a 14.30 horas: Teatrillo.
  • De 16.30 a 20.30 horas: Chocolatada Navideña.
  • De 16.30 a 18.30 horas: Xogos coa visita de Papá Noel e o Elfo.
  • De 18.30 a 19.30 horas: Teatrillo Infantil.
  • De 19.30 a 20.30 horas: Escribimos a carta a Papá Noel.
  • De 20.30 a 21.00 horas: Xogos Infantís.
0.16918301582336