Cidadáns esixe ao goberno local que retire a carpa instalada na praza da Soidade

LugoXa
Louzao esixiu ao Goberno local que retire a carpa instalada na praza da Soidade e que busque unha nova localización para a instalación.
9 Xul 2021

A portavoz municipal de Cs, Olga Louzao, esixiu esta mañá ao Goberno local que retire a carpa instalada na praza da Soidade e que busque unha nova localización para esta instalación temporal xa que o impacto sobre o comercio da zona comeza a ser insostible. "O BNG instalou a carpa no mes de febreiro coa oposición de comerciantes e veciños da zona xustificándose dicindo que sería só para un par de meses. Os traballos deberían concluír en maio e estamos ao 9 de xullo e a carpa segue alí, pero o peor é que permanecerá polo menos ata o mes de outubro no que supón a ruína para algúns comerciantes e un prexuízo para os veciños da zona que ven como a instalación permanece a pesar de contar cun informe negativo da Policía local e varias denuncias", asegurou a portavoz.

"Trátase dunha auténtica chapuza que carece de calquera tipo de soporte legal. O Goberno local saltouse a normativa xa que a carpa incumpre de forma flagrante a Lei de Accesibilidade e de forma moi concreta os artigos 5 e 33 do Documento técnico que desenvolve as condicións básicas de accesibilidade e non discriminación para acceso e a utilización dos espazos públicos urbanizados que completa a norma anterior. Ademais tamén incumpre a normativa autonómica en materia de patrimonio xa que está instalada a menos de 20 metros de distancia dun equipamento como o Museo Provincial e conta cun informe desfavorable da Policía local", asegurou a edila.

"Trátase dunha chapuza en toda regra, pero máis aló de incumprir a normativa o realmente grave é o prexuízo que se está causando durante meses aos veciños e comerciantes nunha demostración total de falta de empatía e sensibilidade, que evidencia unha forma de actuar autoritaria e caprichosa que non mira polo ben común. Deben recolocar a carpa. Existe unha serie de localizacións máis idóneas e con dimensións máis adecuadas e racionais para albergar a actividade temporal do soto da Praza de Abastos como é o espazo público situado na traseira do cuartel de San Fernando ou a Rúa do Hospital onde nos agra necesaria unha carpa destas dimensións e con semellante impacto", concluíu.

0.11076498031616