Cidadáns propón crear un programa para o retorno do talento a Lugo
Cs Lugo propoñerá no próximo pleno desenvolver un programa para o retorno de talento. O obxetivo de esta iniciativa é establecer canles que permitan facilitar o retorno de profesionais formados que estean a desenvolver a súa vida profesional fora de Galicia. "Atraer investimentos e emprendemento son piares fundamentais para dinamizar a actividade económica lucense, e, como consecuencia, crear riqueza e oportunidades de emprego. Pero non é menos importante, poñer en marcha estratexias efectivas para o retorno do talento lucense emigrado ao exterior, tanto da nosa comunidade como do noso país", sinalou a concelleira da formación laranxa.
"Desde o noso grupo municipal apostamos pola posta en marcha dun Programa de Retorno, que conste, entre outros puntos, con liñas de axudas dirixidas ás empresas ou entidades que contraten a traballadores nados en Lugo, pero residindo fora; outras axudas para as persoas que regresen para iniciar unha nova iniciativa empresarial na nosa cidade, que contarán tanto no primeiro caso como no segundo, con axudas para a mudanza, o aluguer, desprazamento para facer o seu regreso máis doado. Todo isto dirixido a crear un entorno propicio para a xeración de novas empresas e tamén novas oportunidades de emprego, aproveitando os coñecementos e experiencia da poboación lucense residente no exterior", informou.
"Cremos que é necesario poñer en marcha estratexias efectivas que favorezan o retorno do talento emigrado. Son moitas as familias lucenses que contan con algún dos seus membros fóra da nosa cidade, sobre todo mozos e mozas con alta formación que non conseguiron atopar un traballo acorde a súa cualificación, e que tiveron dentro e tamén fora das nosas fronteiras, as oportunidades para iniciar carreiras profesionais e tamén empresariais en sectores de alto valor engadido ou en importantes proxectos de investigación", sinalou Louzao, quen afea a actitude do PSOE por votar en contra das iniciativas de Cs para meses depois poñelas en marcha.
"Son moitas as cidades que promoveron nos últimos anos distintos programas para o retorno do talento emigrado, e tamén desde a comunidade autónoma galega dirixido aos emigrados no exterior do noso país, polo que Lugo pode e debe poñer en marcha iniciativas que favorezan que os nosas xeracións instaladas noutros puntos xeográficos poidan regresar. Ademais, o regreso de talento e a súa incorporación ao mercado laboral carrexaría outros beneficios, tanto económicos, creando interesantes oportunidades de contratación, fomento da internacionalización de empresas, novos proxectos innovadores, como sociais, fixando poboación y rexuvenecendo a cidade", concluíu.