CIG Ensino demanda protección para os docentes do CEIP de Xosé Rábade Arias

TerraChaXa | LugoXa
CIG Ensino enviou un escrito á Xunta de Galicia na que demnda que se tomen as medidas oportunas para garantir a seguridade dos docentes.
santo anxo ceip xose rabade arias
24 Oct 2021

CIG Ensino enviou un escrito á Xunta de Galicia na que demnda que se tomen as medidas oportunas para garantir a seguridade dos docentes do CEIP público Xosé Rábade Arias, de Rábade.

Como explica o sindicato este centro, dependente da Consellería de Educación, desenvolve a súa función en coordenación co centro de menores Santo Anxo. No pasado curso producíronse no mesmo situacións de gravidade e intentos de agresión e risco físico para o profesorado.

"A vista dos antecedentes, dende CIG-Ensino queremos manifestar o noso máis rotundo desacordo co tratamento que dende a Xefatura Territorial se lle está dando, na actualidade, á problemática existente no colexio Xosé Rábade. Cónstanos que nesa Xefatura se coñece perfectamente  problemática específica e concreta á que nos referimos", din.

0.16917300224304