Cinco deportistas da Escola Deportiva Shihan de Lugo competiron en Xixón

Esta fin de semana, cinco deportistas da Escola Deportiva Shihan de Lugo competiron en Xixón, onde se posicionaron de segundos no medalleiro.
Así, desde o Club destacan os resultados dos participantes nesta competición, poñendo en valor o traballo individual de cada un deles.
Iria Enriquez conseguiu o ouro en Kata infantil e ouro en Kumite infantil -40 kg; Marta Martínez logrou o ouro en Kata Senior; mentres que David Enríquez foi prata en Kata Cadete e conseguiu o 4° posto en Kumite Cadete -60 kg; pola súa banda, Ángela Buide quedou bronce en Kumite infantil -40 kg e 4° posto en Kata Infantil; e, finalmente, Nayla Pin alcanzou o 5° posto en Kata Xuvenil e Kumite Xuvenil +45 kg.