Cine na rúa hoxe na Fonsagrada coa película 'As neves'

A Fonsagrada continuará co seu programa de Cine na rúa coa proxección do filme rodado na Fonsagrada As Neves.
Será hoxe venres, 19 de xullo, á 22:30 horas na praza da Igrexa con entrada de balde e sen que sexa precisa reserva previa.
As Neves é unha vila galega de montaña onde todos se coñecen. A noite de Entroido un grupo de adolescentes celebran unha festa e dróganse con cogomelos por primeira vez. Ao día seguinte espertan cun temporal de neve e a noticia de que Paula, unha das mozas da festa, desapareceu. Mentres, a vila queda incomunicada e cae Internet. Cada vez é máis urxente atopala. Iníciase unha investigación que causará un profundo cambio nas súas vidas e na súa relación co mundo.