Cintia Folgueira Cobos galardoada como mellor moza científica menor de 35 anos
A bióloga lucense Cintia Folgueira Cobos recibiu o galardón á mellor moza científica na XII Reunión de Mozos Investigadores no Estranxeiro que outorgan os Museos Científicos da Coruña.
A XII Xuntanza de Novos Investigadores no Estranxeiro que tivo lugar na Domus da Coruña reuniu a investigadores galegos que desenvolven o seu traballo en países como China, Polonia, Reino Unido, Suecia e Francia co fin de presentar o seu proxecto.
Química, xenética, física, astrofísica, inmunoloxía e microbioloxía, medio ambiente, cirurxía e neurociencia son algúns dos eidos científicos que tiveron cabida neste acto.
A lucense, Cintia Folgueira Cobos recibiu o premio á mellor científica menor de 35 anos. Este premio foi concedido pola Asociación de Mulleres Investigadoras e Tecnólogas de Galicia, AMIT-Gal.
A investigadora lucense forma parte do Centro de Investigación Cardiovasculares Carlos III, un centro de excelencia recoñecida internacionalmente que se adica a comprender as bases fundamentais da saúde e a enfermidade cardiovascular, trasladando dito coñecemento ao paciente.