Ciudadanos anunciou a sua proposta de dar apoio ao tecido produtivo e á banda de música
A alcaldable de CS, Olga Louzao, acompañada por membros da súa candidatura participou nun almorzo informal con traballadores e empresarios do polígono do Ceao onde presentou a súa proposta para dar apoio ao tecido produtivo como motor económico local.
"É fundamental posibilitar o desenvolvemento profesional dos nosos autónomos para que sexan un sector xerador de emprego en Lugo. A administración local non pode mirar para outro lado, existe marxe desde o Concello para propiciar a estabilización das nosas pemes. Para iso propoñemos implementar un plan de amparo aos autónomos que inclúa medidas fiscais e simplificación de trámites burocráticos. Ademais apostamos por desenvolver un plan formativo con emprego vinculado ao que tanto empresas que queiran contratar como mozas que queiran traballar poidan adherirse", explicou Louzao.
Tras o encontro a candidata visitou varias empresas da zona onde tivo a oportunidade de conversar cos seus xestores e explicarlle o proxecto de CS para reforzar o tecido produtivo. "É necesario bonificar o ICIO, o IBI, o IAE e as plusvalías a aquelas empresas que incrementen o seu persoal con novas contratacións. Propoñemos un 5% cada novo traballador ata un máximo do 35%. Ademais para favorecer o establecemento de novas empresas queremos bonificar ata 4 anos o IAE e o ICIO nun 80%. Por outra banda é importante establecer bonificacións na plusvalía para favorecer os traspasos de locais e actividades a familiares directo no momento da xubilación. É unha das nosas medidas previstas no Plan de substitución xeracional", explicou Louzao.
"Outra acción fundamental é simplificar os trámites administrativos. É unha demanda de todo o sector e é un requisito básico para desbloquear a iniciativa privada e o emprendemento. Para iso apostamos por estender a fórmula da declaración responsable a trámites como o inicio de actividade. Un autónomo non pode esperar meses por unha licenza. Tamén é necesario mellorar as infraestruturas dos polígonos industriais do Ceao e As Gándaras para que os nosos autónomos melloren aspectos loxísticos do seu labor e poidan competir en igualdade de condicións con outras zonas industriais da nosa contorna", afirmou.
O paquete de medidas de amparo para autónomos proposto por Louzao inclúe axudas ao emprendemento para afrontar o pago das cotas da Seguridade Social durante os seis primeiros meses ou un plan de emprego e formación concertado e consensuado con empresas e institucións colaboradoras co fin de reducir a taxa de paro xuvenil na cidade e incrementar as súas oportunidades e inserción laboral, adaptando a formación á demanda laboral específica do noso tecido empresarial. Por último, a candidata expuxo a necesidade de desenvolver un conxuntamente coas empresas un Plan para o retorno do talento que permita a mozos lucenses regresar á súa cidade para compaxinar o seu proxecto profesional e vital.
BANDA DE MÚSICA
A candidata a alcaldía por CS, Olga Lozuao, reuniuse con traballadores da Banda municipal de música cos que se comprometeu a dotar á formación dos recursos humanos e materiais necesarios para poder desenvolver a súa actividade en condicións. Louzao manifestou a súa intención de que a Banda recupere a súa faceta como canle divulgadora do noso patrimonio artístico. Para isto, aposta por recuperar os concertos pedagóxicos. O obxectivo para o vindeiro curso e que os músicos poidan levar a cabo esta actividade en todos os colexios do municipio que así o soliciten e poidan actuar nos barrios da cidade. "Os concertos pedagóxicos xa funcionaron con moito éxito en cursos pasados antes de que a xestión do BNG rematara por desmantelar a Banda municipal. O obxectivo desta actividade é introducir aos nosos escolares no mundo da música a través dunha lúdica pero a mesmo tempo formativa. Deste xeito poderemos espertar o seu interese pola Escola de música a excelente formación que alí se está a impartir", sinalou.
A alcadable anunciou tras o encontro a súa intención de introducir reduccións no IBI para Galerías de arte, salas de cine e salas de concertos así como bonificacións fiscais para creadores culturais autónomos para dinamizar a esfera cultural da cidade. «É necesario sustentar a rede cultural da cidade permitindo que os espazos culturais conten cunha menor carga fiscal evitando así os eu peche e dinamizando a creación cultural. É necesario contar cun tecido cultural activo que teña capacidade para xerar unha oferta que enriqueza a vida cultural en Lugo. Asemade apostamos por bonificacións nas taxas e impostos municipais para os creadores culturais favorecendo a súa labor e permitindo o autoemprego», concluíu.