Ciudadanos denuncia a falta de actualización no portal web de Evislusa

LugoXa
Ciudadanos denuncia la desactualización del portal web Evislusa que ofrece información de interés al vecino de Lugo.
evislusa
20 Apr 2022

O concelleiro de Ciudadanos no Concello de Lugo, Juan Vidal-Pardo, denunciou está mañá a situación de abandono na que se atopa o portal web de Evislusa, a empresa municipal para desenvolvemento urbano e da vivenda. “Acceder á páxina web de Evislusa en busca de información de interese cidadán constitúe un acto desolador. Contamos cun espazo virtual que non achega ningún tipo de información útil aos veciños. É inaceptable que careza de información actualizada en aspectos tan demandados por parte da cidadanía como as axudas municipais ao alugueiro, axudas de rehabilitación ou axudan a mellora da eficiencia enerxética. Esta ausencia de información non se compensa con outra información noutros espazos como o portal web municipal. É literalmente imposible acceder a esta información”, asegurou o concelleiro da formación laranxa.

“Esta lamentable falta de información útil nun servizo municipal fundamental contrasta coas coidadas publicacións coas que o goberno municipal realiza a súa propaganda política a través de redes sociais institucionais actualizadas por terceiros a un custo considerable que sufragamos todos. É unha demostración máis do concepto deste Goberno sobre o que é o servizo público. A desactualización da web de Evislusa non é un problema menor, debe ter a importancia que merece. Ademais é un síntoma claro de como funciona a atención cidadá nesta administración. Á escasa e obsoleta información que se presta a través do portal web municipal, as limitacións da sede electrónica e o deficiente funcionamento do servizo de atención cidadá non presencial 010 súmase a ausencia total de información sobre as axudas á rehabilitación ou ao alugueiro”, manifestou Vidal-Pardo.

“Solicitamos formalmente ao Goberno local que enmende este desastre e que facilite a información de interese público relacionado con vivenda e chan a través desta canle de forma urxente. Non podemos continuar así. Non nos esquezamos que á web de Eviuslusa accédese directamente desde o portal web municipal, é dicir, é a canle no que debería estar toda esta información sobre vivenda e chan. A situación é tan lamentable que aínda aparece o cadro de organización Daniel Piñeiro como vicepresidente.”, concluíu.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18366599082947