Ciudadanos esixe que as parroquias de Lugo "deixen de ser as grandes esquecidas"

LugoXa
Ciudadanos esixe nunha reunión na casa escola do Burgo que as parroquias de Lugo "deixen de ser as grandes esquecidas"
reunion ciudadanos o burgo parroquias
8 Maio 2023

A candidata de CS á alcaldía, Olga Louzao, e o concelleiro Juan Vidal-Pardo tiveron un encontro con veciños do Burgo nan casa escola da parroquia. Na reunión, os candidatos comprometéronse a elaborar un gran plan de actuación no rural. "As miñas raíces están no rural, a miña familia é de aquí e o meu marido é gandeiro, polo que coñezo de primeira man os grandes problemas que afectan a esta zona. Por iso, comprométome a poñerlles fin no próximo mandato e a poñer en práctica un gran plan de actuación para que as 54 parroquias de Lugo teñan os mesmos dereitos que unha persoa que viva na cidade. En lugo non poden existir veciños de primeira e de segunda", afirma Louzao.

"O primeiro paso no noso plan é estender a rede de saneamento na zona rural, en todos aqueles lugares onde sexa posible. É unha proposta que levamos a pleno neste mandato e a situación é exactamente igual. Non é entendible que no S.XXI nosas parroquias sigan sen este servizo. Por iso no próximo mandato queremos estender a rede de saneamento, e nos lugares nos que non sexa posible polas dificultades orográficas, financiar en ata un 80% a instalación de fosas sépticas biolóxicas. Non imos deixar a ninguén atrás", asevera a alcaldable.

A segunda parte deste plan é a recuperación das infraestruturas do rural. "Non podemos ter unha política de parches, por iso queremos levar a cabo un plan que conte cunha planificación a cautro anos e cun investimento orzamentario proporcional á situación de atraso que se vive na actualidade despois dunha década de políticas erróneas. Non se pode continuar coa política de reservar sempre a mesma partida para asfaltados sen especificar as prioridades e deixando a decisión final en mans dos intereses políticos de quenda. É necesario cualificar as vías polo seu nivel de importancia estratéxica dentro das comunicacións interparroquiais, co caso urbano e coa rede xeral de comunicacións, para así marcar un roteiro que teña por obxectivo lograr unha rede de camiños seguros", explica a concelleira.

Finalmente, neste plan tamén se propón a creación dun calendario de rozas efectivo e de dúas quendas. "Nós non queremos unha política de parchear problemas, cremos nunha política de evitalos. Por iso, é necesario crear un calendario de rozas das parroquias que leve a cabo dúas veces ao ano, en maio-xuño e en agosto-setembro, sendo esta a mellor maneira para evitar os incendios durante o período estival. Non serve só con ir rozar cando os veciños quéixanse, hai que levar a cabo acciones organizadas e activas", finaliza Louzao.

0.19654202461243