Ciudadanos insta á Xunta e ao Concello a recuperar a parada de autobús no Carqueixo

LugoXa
Ciudadanos insta a la Xunta y al ayuntamiento a recuperar la parada de autobús urbano del barrio del Carqueixo.
4 Feb 2022

A portavoz municipal, Olga Louzao, instou ao concelleiro de Mobilidade, Rubén Arroxo, e ao delgado da Xunta en Lugo, Javier Arias, a recuperar o dialogo para alcanzar un acordo que garanta recuperar a parada de bus urbano no barrio do Carqueixo. «Xunta e Concello deben deixar de culparse o un ao outro e recoller por escrito os acordos supostamente alcanzados para dotar ao barrio da necesaria parada. Arroxo comprometeuse fai máis de medio ano a restablecer a parada e a negociar coa Xunta, pero meses despois dese suposto acordo non houbo avances por ningunha das dúas partes», apuntou a concelleira da formación laranxa.

«A eliminación desta parada agrava a situación de abandono que vive esta zona urbana desde hai décadas. As vivendas comprendidas entre a rotonda do Hula e o trazado da A-6 constitúen unha zona esquecida a pesar das continuas reclamacións veciñais. Existe unha demanda social na zona que retrata o nefasto labor do Goberno local neste asunto. Con todo o BNG optou por ignorala e responsabilizar á Xunta. Deben concretar o acordo e delimitar responsabilidades para achegar solucións de forma dilixente», dixo Louzao.

«Trátase dun barrio atrapado entre a A-6 e a LU-021 que foi ignorado ano tras ano en cada planificación municipal. Non é factible que teñan que desprazarse ata Castelo para coller o autobús, como fan agora todos os días, percorrendo un itinerario longo cun elevado tránsito de vehículos e que carece das máis mínima medida de seguridade viaria. Atravesar a rotonda do Hula ou transitar pola estrada da Fonsagrada sen beirarrúas é inviable», proseguiu Louzao.

ABANDONO HISTÓRICO
«Estamos a falar dunha zona sen beirarrúas en moitos tramos, sen conexión con Fibra, sen contedores para reciclar, mal iluminada e cunha evidente carencia de medidas de seguridade viaria tendo en conta o denso tráfico que se rexistra. O Goberno local debe actuar e reverter o abandono histórico deste barrio», concluíu.

0.21047496795654