Ciudadanos lamenta a xestión do Goberno co servizo de recollida de lixo
O concelleiro de Ciudadanos Juan Vidal-Pardo censurou esta mañá a xestión do Goberno co servizo de recollida de lixo. “Este novo recurso, que por previsiblemente non é menos problemático, dános de novo a razón e constata unha vez máis que todo o Goberno, desde o concelleiro de Medio, Miguel Fernández, pasando pola responsable da área de Contratación Paula Alvarellos, ata a alcaldesa, Lara Méndez, estiveron enganado descaradamente aos lucenses. As hemerotecas están aí para algo. Na última semana de decembro anunciaron sen ningún pudor que o servizo comezaría a funcionar de forma inminente, algo que non podía ser verdade e que eles mesmos sabían. Por facer anuncios grandilocuentes o lixo non vai desaparecer soa dos contedores e a salubridade da nosa cidade non vai mellorar. A pesar de toda a propaganda que dedican a vender unha xestión verde, sostible e respectuosa co medio ambiente a crúa realidade é que vivimos nunha cidade que non ten capacidade para reciclar, carecemos de puntos de recollida de aceites, baterías e non dispoñemos do quinto contedor para a materia orgánica. A xestión é lamentable e o único responsable deste calamidade é Lara Méndez”, asegurou.
“As présas do Goberno local sumiron ao Concello nunha maraña legal que será longa e que ten como consecuencia inmediata que Lugo continúe cun servizo de recollida de lixos precario e coas rúas e barrios da cidade máis sucios que nunca. A situación actual é a culminación dun proceso que se levou mal desde o principio, con pouca seguridade xurídica e condicionado polas présas froito do súa inacción política ao empezar o proceso de licitación con anos de atraso. Non é de recibo que o PSOE teña a pouca vergoña de presumir dunha adxudicación que non é efectiva catro meses e que para nada está solucionando o problema que se vive na rúa», sinalou o edil da formación laranxa.
“A salubridade pública está comprometida como consecuencia da falta de interese evidenciada polo PSOE ao que non lle importou estar desde 2017 co contrato caducado. O peor de todo é que carecen dun Plan B. En repetidas ocasións denunciamos que a cidade está sucia. Existe un déficit importante de puntos de recollida. É clamoroso que ao longo do último ano repuxéronse menos de 30 contedores dos máis de 3.500 que hai no municipio e a compra de 200 novos contedores por parte do Goberno está a demostrar ser é de xeito evidente insuficiente. Isto está a xerar continuos episodios de malos cheiros en practicamente todos os barrios da cidade. Con todo, no canto de solucionar cada problema con respostas concretas usan o concurso para tapar a súa nefasta xestión e presumen dunha adxudicación que non é tal. Carecen dun plan b para este itinire que se prevé longo. A súa incapacidade para actuar é o que ten á cidade sucia e degradando a súa imaxe semana tras semana”, concluíu.