Ciudadanos levará ao pleno a problemática lucense para atopar aparcamento

LugoXa
Ciudadanos llevará al próximo pleno el jueves 27 de enero la problemática que tiene Lugo y sus vecinos para encontrar aparcamiento.
26 Xan 2022

O concelleiro de Cs Juan Vidal-Pardo instou ao Goberno local a paliar os problemas de aparcamento en zonas estratéxicas da cidade, como a zona centro e a contorna dos servizos públicos. De feito estímase que o 30% dos vehículos que circulan pola nosa urbe están a buscar aparcamento, labor á que se pode chegar a dedicar ata 15 minutos en hora punta. Este tempo repercute no tempo de traballo, implica un incremento das emisións contaminantes, o que está a xerar unha menor calidade ambiental palpable xa na zona urbana, e un maior consumo dos vehículos. Por iso, o edil da formación laranxa defenderá no pleno do próximo xoves unha iniciativa que ten por obxectivo poñer en marcha un sistema de aparcamento rotatorio gratuíto e por outro, proceder á posta en marcha do sistema intelixente para a xestión e control de aparcamento de vehículos na vía pública.

“Nos últimos meses en Lugo, vimos como o problema de tráfico e de aparcamento no centro e en moitos barrios da nosa cidade agudizouse, cuestión esta, recoñecida polo propio Goberno Municipal, que en decembro do pasado ano manifestaba que estaban a traballar en alternativas para solucionar este problema, pero nin a alcaldesa, nin a edil de urbanismo, foron capaces de explicar aos lucenses opcións concretas”, asegurou o concelleiro que e lembrou que o problema do aparcamento en Lugo non é algo novo xa que ten a súa orixe en 2015. “A nefasta xestión que os gobernos de Lara Méndez levaron neste asunto é determinante para comprender a situación que experimentamos e que engade un novo impedimento para o desenvolvemento do noso comercio local. Nun primeiro momento suprimiuse a zona ORA e propúxose iniciar unha nova ordenanza reguladora do servizo público de aparcamento na vía pública, pero esta nunca puido realizarse nos termos que Lugo necesita”, dixo.

Vidal-Pardo salientou na importancia de contar cun sistema intelixente para a xestión e control do aparcamento que facilite a procura de estacionamento acorde aos estándares do século XXI e afeou ao Goberno local que deixase de lado esta opción. “No ano 2020 Concello de Lugo e Red.es certificaron a instalación do sistema de guiado urbano para o aparcamento na cidade, dentro do marco do proxecto Smart City e co obxectivo de mellorar a calidade de vida dos cidadáns e a eficiencia dos servizos públicos, así como impulsar a participación e transparencia da cidadanía a través de novas canles de recompilación e difusión da información. Este sistema a día de hoxe tampouco se puxo en marcha nunha demostración máis da falta de dilixencia deste goberno”, concluíu.

0.10434484481812