Ciudadanos pide conectar a rúa da Amizade con Escultor Asorei
A portavoz municipal de Ciudadanos Olga Louzao, urxe ao Goberno local a "conectar dunha vez por todas a rúa da Amizade con Escultor Asorei".
"É inadmisible que este tapón con décadas de antigüidade non fose abordado polos sucesivos gobernos socialistas. É unha evidencia da súa incapacidade para xestionar a cidade en materia urbanística. Menosprezar a eficacia que tería solucionar cada un destas barreiras na mellora da fluidez do tráfico é mostrar dun descoñecemento total da nosa urbe e de cales deben de ser as súas prioridades", sinalou a concelleira da formación laranxa.
"O obxectivo de completar o trazado urbano neses escasos 50 metros entre a rúa da Amizade e Escultor Asorei permitiría xerar un novo itinerario de circulación no eixo norte-sur que comunicaría parte dos barrios da Milagrosa, Residencia e Abella desde Lamas de Prado con Fonte dos Ranchos e Rolda do Carme aliviando considerablemente a conxestión de tráfico e mellorando os tempos de comunicación cara á zona sur, tendo en conta ademais que a entrada en fucnionamiento nun futuro próximo de novos equipamentos na Residencia incrementará o tráfico considerablemente na zona. Non estamos a pedir nada que non fose contemplando e planificado no PXOM. O único motivo polo que estas dúas vías non poden canalizar o tráfico rodado é a falta de capacidade e de vontade política do actual goberno" sinalou a edila da formación laranxa.
"Os tapóns urbanísticos como o de Escultor Asorei son un dos maiores lastres para a nosa cidade. Con todo o Goberno local decide ignorar este problema e non consignou nin un só euro neste mandato para solucionalos. Non se trata só dunha cuestión que beneficie ao tráfico rodado, senón que ten beneficios para o desenvolvemento inmobiliario e mellora a calidade de vida dos cidadáns ao abrir espazos públicos que transforman os itinerarios peonís e abren unha oportunidade para a iniciativa e o emprendemento comercial. Constitúe en si mesmo unha rexeneración urbana e un acto de rehabilitación. É necesario crear unha orde de prioridades en función do impacto da actuación sobre estes tapóns", concluíu a edila.