Ciudadanos presenta varias medidas para recuperar o Centro Histórico

LugoXa
O grupo municipal de Ciudadanos presenta varias medidas para recuperar de forma urxente o Centro Histórico da cidade de Lugo
lugo muralla_centro_vista
31 Mar 2023

A portavoz municipal de Cs, Olga Louzao, e o concelleiro Juan Vidal-Pardo presentaron un paquete de medidas para evitar a perdida de tecido produtivo na zona centro e corrixir ademais a degradación e perdida de poboación que experimenta este distrito.

No resumo deste documento facilitado aos veciños e veciñas, Ciudadanos expón as 10 medidas máis urxentes para solucionar esta complexa problemática. "Na última década pasamos de 10.000 habitantes a só 3.000. Cada mes unha nova empresa pecha e o noso patrimonio histórico estase a deteriorar, sen que o Goberno Local faga nada para evitalo", afirmou a edil da formación laranxa.

"O problema do aparcamento supón un lastre competitivo para o que debe ser a principal zona comercial da cidade. Insistimos na necesidade de crear un novo aparcamento gratuíto na Rúa Castelao, bonificar a primeira hora nos aparcamentos subterráneos municipais, instaurar un sistema rotatorio gratuíto e conveniar coa Xunta o uso do aparcadoiro do seu edificio administrativo en horario de tarde e fin de semana", sinalou Louzao, quen sinalou tamén o ruído nocturno como un gran problema ante o que o Goberno local ponse de perfil.

"Cambiar a normativa urbanística é fundamental para lograr a rehabilitación das zonas do centro degradadas. Sen unha novo PXOM e un novo PEPRI este obxectivo será inalcanzable. Non podemos perder máis tempo. Apostamos por conseguir financiamento europeo para fomentar a rehabilitación e os fondos Next Generation son unha oportunidade histórica que non podemos perder", continuou.

"Pero as vivendas do centro non é o único abandonado, co peche de empresas moitos locais quedáronse baleiros, para dinamizar o seu alugueiro queremos crear unha bolsa municipal de locais baleiros, onde a administración local exerza como mediadora e así achegar garantías municipais para arrendadores e arrendatarios. Os locais baleiros deben ser gravados e as novas actividades, bonificadas na fiscalidade municipal", expuxo Louzao.

"As guerras partidistas entre administracións están a lastrar a posta en valor do noso patrimonio, por iso explicamos aos veciños que crear un consorcio para o centro histórico sería unha ferramenta perfecta para evitar estas estratexias absurdas encamiñadas só a alcanzar rédito electoral. Todas as administracións deben traballar de forma regrada cun único obxectivo: conseguir un centro histórico atractivo para divulgar a nosa cultutra e que os lucenses podamos desfrutar", apuntou.

Por último, a agrupacióna laranxa añadiu que "tamén é necesaria a mellora de servizos para o centro da cidade: soterramento do cableado aéreo, dotar de fibra óptima aos nosos negocios, iluminación pública eficiente e un transporte público eficaz. Só desta maneira lograremos que o centro se volva a converter nun lugar atractivo para vivir e frear a perdida de poboación e de actividade económica", concluíu Louzao.

0.14430403709412