Ciudadanos propón implantar un Plan turístico para dinamizar as zonas rurais
A candidata de Cidadáns, Olga Louzao, anunciou nun encontro con veciños da parroquia de Coeses a súa intención de crear un plan dinamizador do turismo nas zonas rurais co obxectivo de dotar a estas áreas do impulso necesario para alcanzar un equilibrio que impida a súa deterioración.
"Propoñemos impulsar, en cooperación cos concellos limítrofes, un plan de dinamización do turístico nas zonas rurais a través da recuperación e creación de roteiros e visitas turísticas que promocionen e difundan o patrimonio histórico, cultural e natural da nosa contorna enfocada primordialmente a dar a coñecer esta contorna entre os veciños de Lugo como alternativa de lecer sostible e saudable", sinalou a alcaldable.
"Este plan de turismo, unido ao Plan de actualización de infraestruturas no rural presentado a semana pasada e o impulso que lle daremos á redacción dunha novo PXOM que cohesione mellor o noso territorio van a trasnformar a calidade de vida nas 54 parroquias evitando así que haxa veciños de primeira e veciños de segunda", sinalou Louzao ante os asistentes.
O obxectivo primordial desta iniciativa é aumentar o desenvolvemento e a sustentabilidade do noso medio rural para que estas zonas logren frear a perdida de poboación e convértanse nun espazo onde fixar novos habitantes. "O investimento en turismo para o rural, sen dúbida, supoñerá a activación económica das nosas parroquias, a través da estimulación da iniciativa privada, o que traerá consigo o tan necesario asentamento de poboación e a recuperación de vivendas tradicionais, aspecto fundamental na planificación do futuro do Lugo que necesitamos para lograr un municipio habitado, cohesionado e sustentable", asegurou Louzao.
Louzao explicou que a posta en valor de itinerarios polo rural cun obxectivo turístico abre un abanico de posibilidades enorme que transcende a outras áreas xa que posibilita a realización de actividades de divulgación e pedagóxicas. "É importante impedir que as novas xeracións perdan a súa vinculación coa zona rural e que aprendar a respectala, valorala como unha alternativa vital", sinalou.
Críticas ao PP pola copia de propostas
Louzao advertiu aos veciños e veciñas de Coeses que deben desconfiar dos oportunistas políticos que só queren utilizar Lugo para o seu propio crecemento persoal. "Defendemos esta proposta en xullo de 2022 pero desde entón o Concello de Lugo non deu nin un só paso para poñela en marcha. En período electoral algúns se suman ao noso carro, pero dubidamos do seu compromiso con Lugo. A crúa realidade é que non teñen proxecto", afirmou.
Estación de tren
Olga Louzao visitou con membros da súa candidatura a estación de tren desde onde reivindicou máis itinerarios coas cidades galegas e mellora de frecuencias na conexión ferroviaria da cidade coa meseta para posibilitar que esta infraestrutura contribúa ao desenvolvemento social e económico do municipio.
Tamén destacou que é importante que Lugo non quede fose do corredor ferroviario de mercadorías. Louzao: ·"A Intermodal non é suficiente, necesitamos máis frecuencias e máis conexións. Tanto PSOE como PP esquecéronse da conexión ferroviaria de Lugo durante décadas".