Ciudadanos ve necesario mellorar as comunicacións da Cheda de Lugo

LugoXa
Ciudadanos ve necesario actuar en el barrio de la Cheda de Lugo para mejorar su accesibilidad y conexión con el resto de la ciudad.
barrio Cheda
18 Feb 2022

O concelleiro de Ciudadanos Juan Vidal-Pardo instou esta mañá ao Goberno local a desbloquear a situación de illamento na que se atopa o barrio da Cheda e traballar por integrar esta zona da cidade no seu deseño urbano. “Na Cheda, como en moitos outros barrios de Lugo, apréciase un preocupante abandono por parte de Goberno local quen durante décadas deixou de lado esta zona da cidade coma se non formase parte dela. A falta de planificación urbana chega ata tal punto que se converteu nunha especie de illa perimetrada por unha vaia en gran parte dos seus límites e que apenas conta cunha entrada e saída”, sinalou o edil da formación laranxa.

Vidal-Pardo considera que é necesario actuar en varias frontes para lograr equiparar este barrio a outras zonas da cidade: completar o armazón urbano e mellorar beirarrúas e iluminación público, integrar o barrio a cidade e mellorar os seus accesos e saídas. “É inadmisible que moitas rúas non cheguen a ningunha parte. A rúa río Azumara debe comunicarse coa rúa río Eume en condicións, e esta á súa vez debe ter continuidade. A situación na Cheda é un exemplo de libro onde é necesaria unha intervención urbanística municipal para evitar que a degradación continúe”, sinalou o Vidal-Pardo.

“Trátase dunha tarefa que involucra a varias áreas do Goberno e por tanto PSOE e BNG deben apartar as súas diferenzas e sentar xuntos a planificar. Basta de ir por libre. Deben chegar a acordos polo ben dos veciños e veciñas. Sen dúbida agora o máis urxente é que o Concello actúe na vía que une o barrio coa N-VI á altura de Pazo de Feiras. Trátase dunha pista cun ancho insuficiente cuxo firme está totalmente bacheado e atópase sen ningún tipo de sinalización nin horizontal nin vertical. Ademais non conta coas condicións de seguridade viaria necesarias como cruzamento de incorporación a unha estrada nacional. Traballar nos accesos para vehículos é clave se realmente quérese conectar o barrio de forma efectiva co resto do armazón urbano”, sinalou.

“A pasarela do millón de euros construída sobre a N-VI non pode ser unha escusa para dicir que se está traballando pola Cheda. Se calquera dos concelleiros do Goberno se dignara a pasear por este barrio durante un cuarto de hora verían o potencial que ten como zona residencial e a necesidade real de que se realicen investimentos. Con moi pouco investimento pódese realizar unha transformación total deste espazo. Imaxínanse a transformación que se acometería co diñeiro destinado a salvar a N-VI cunha pasarela onde xa existía un paso subterráneo? Esiximos que o Goberno local tome a iniciativa e dedique o diñeiro para mellorar a calidade de vida dos veciños no canto de obras faraónicas”, concluíu.

0.19629883766174