Claudio Mendes será o novo director deportivo do CD Dez Portas
O mércores 6 se setembro, o CD Dez Portas presentará a José Claudio Mendes da Encarnaçao como o seu novo director deportivo para a tempada 2023/2024.
Conta cunha ampla carreira internacional e unha formación durante 11 anos que, según afirma o club, “fan que comecemos unha nova tempada chea de ilusión e esperanza”.
Mendes iniciou a súa andaina como adestrador axudante en 2002 no Grupo Deportivo do Estreito, pasando a ser técnico titular dese mesmo club dous anos despois.
Posteriormente recalaría no Spórting Club de Madeira, para converterse en adestrador principal do proxecto olímpico de Londres 2012, logrando a clasificación para os xogos olímpicos do primeiro deportista de nacionalidade portuguesa da historia.
Desde 2016 ata a actualidade, pasaría a ser o responsable de toda a área deportiva do Club Sport Marítimo.