Coa mente na próxima tempada
Por Adrián Fernández.
Rematou a festa e con ela deixamos atrás un ano incrible que ficará na memoria da afección, pero no clube teñen que traballar xa na próxima tempada e nós, aínda que poidamos desfrutar un pouco máis, tamén temos que pensar nela.
O malo dun equipo pequeno coma nós é que despois dun bo ano a nivel deportivo, a posibilidade de manter o plantel é improbable, o que fai que teñamos que crear un equipo case de cero. O único xogador que renovou xunto cos irmáns Quintela foi Lukovic e semella que non vai a haber máis xa que dase prácticamente por perdidos a Kalinosky e a Iván Cruz. Pero o clube contaba con isto e xa comezou a construcción do novo equipo. Á incorporación de Justus Hollatz engadiríaselle estas semanas a de Sergi García de Gran Canaria, Stefan Momirov do Kolossos de Rodas e Nemanja Nenadic do Zostal Zielona Góra. Pese aos rumores sobre a volta de Sulejmanovic ao Pazo ou a cesión de Yannick Nzosa por parte do Unicaja, polo momento son só iso, rumores e por parte do clube non hai presa, é mellor ter paciencia e non precipitarse. Por outra parte, unha boa nova é a renovación do corpo técnico a falta da resposta de Javier Muñoz.
A noticia máis importante ata o momento é a participación do equipo na fase previa da BCL, o que fai que o Breogán volva a xogar en europa 37 anos despois daquela histórica participación na Copa Korac. 24 equipos loitarán por 4 prazas dos que destacamos o Brose Bamberg de Alemaña, o Strasbourg de Francia, o Tofas Bursa de Turquía e o Unicaja entre outros. Vai estar difícil acadala praza pero confiemos nas nosas posibilidades pese a non ser cabezas de serie e a ter case descartado a Lugo como sede dun dos grupos da previa. Esta fase de grupos xogarase do 21 ao 25 de setembro o que non afectará ao desenrolo da pretempada do Breogán, unha pretempada que vai comezar o 15 de agosto.
Con todo isto, a campaña de aboados iniciarase o 4 de xullo e o clube xa avisou que haberá unha pequena subida de prezos pero incluirán os encontros da competición europea se conseguímola clasificación; outra novidade será a posibilidade de financiala cuota.
Todo está en marcha de cara a seguinte tempada, un ano que pode ser histórico se conseguimos unha das 4 prazas da BCL e que comezaremos cun lavado de cara no Pazo grazas a un mural feito por Diego As no que poderemos ver a un león e a Breogán intimidando aos visitantes.