CoGaVe pide un cambio nos criterios á hora de realizar a declaración da renda

A Confederación Galega de Asociacións Veciñais “Rosalía de Castro” -CoGaVe-, despois do anuncio de que en este ano, 2021, as persoas afectadas por ERTE poderán fraccionar o pago da declaración de IRPF en varios meses sen intereses, solicita que o límite para a obrigatoriedade de declaración do IRPF sexa único, e o mesmo que ata o momento presente estaba fixado para as persoas con 1 único pagador: 22.000 euros anuais.
"A pandemia motivada pola covid19 derivou nunha crise a moitos niveis, e moi especialmente económica, o que sitúa nunha posición de extrema vulnerabilidade a milleiros de persoas e familias, afectadas por ERTE ou paro, e que ó ter máis de 1 pagador, estarán obrigadas –segundo o criterio actual- a pagar na declaración da renda cantidades que, en moitos casos e especialmente na situación de crise actual, son inasumibles para elas".
Por esta razón, a CoGaVe, considera que é "pouco coherente e moi inxusto, especialmente na situación de crise económica actual, o criterio imperante de que os límites para as persoas que teñen máis de 1 pagador á hora de realizar a declaración da renda sexan inferiores a quenes teñen só 1 pagador".
Dende CoGaVe, agardan que a petición, dada a súa importancia, sexa tida en conta polas autoridades competentes nesa materia.