Cohors III Lucensium, do Arde Lucus a Roma

LugoXa
Cohors III Lucensim nace no 2007 como a primeira asociación vinculada ao Arde Lucus co obxectivo de difundir do patrimonio cultural romano
Cohors Portada
25 Xuño 2023

A asociación Cohors III Lucensim nace no 2007 como a primeira asociación vinculada ao Arde Lucus, con 16 anos de experiencia, teñen como obxectivo básico a difusión do patrimonio cultural romano, con traballos de reconstrución histórica e escenificación dos episodios do mundo romano.

O campamento destes romanos estará situado diante do Concello, “a nosa previsión é montar un campamento como facemos todos os anos” pero este ano seguindo o traballo do ano pasado van montar unha pequena tenda para que “a xente coñeza un pouco mellor a parte da menciña e da cirurxía militar romana e faremos explicacións varias veces ao día do que facían realmente os cirurxiáns romanos e do materia que tiñan” informa Miguel, presidente da asociación.

Ademais co obxectivo de que “a xente vira un pouco como é a vida dos lexionarios romanos dentro do campamento” haberá tendas co equipamento e con cociñas de campaña para “recrear un pouquiño como era a vida destes romanos”.

Contarán un ano máis cunha demostración dun asalto e combate cos castrexos, este ano un pouco máis ampliada que o ano anterior e realizarán tamén a chegada das tropas, cun desfile ata o campamento onde realizarán unha entrega dun Signaculum “aos novos membros que se incorporan a lexión. Un signaculum é unha insignia onde figura o nome en latín de cada un dos novos integrantes”.

Todos os anos esta asociación crea a moeda oficial romana, tras reunirse con diferentes especialistas como arqueólogos buscan unha temática para a moeda, “esta é a decimo cuarta, e aveces é complicado conseguir unha temática da que se poda sacar un bo partido e que teña sentido”.

O AURIO

Este ano decidiron sacar por unha parte unha moeda oficial que seria o Aurio que recorda a Rómulo Augustulu, o último emperador do imperio romano que accede ao goberno con 10 anos e que permaneceu un ano no poder ata a chegada dos xermanos. Pero tamén, dende a asociación, a raíz dunha charla sobre o sexo en Roma decidiron sacar adiante unha moeda máis pequena, unha Sprintia que se utilizaba nos prostíbulos romanos. Hai ata 16 tipos moedas e moitas delas foron atopadas en Pompeia.

Estas moedas están a disposición do público e pódense adquirir, a oficial venderase a dous euros e a Sprintia, da que están dispoñibles menos unidades, estará a dous cincuenta porque o seu custo de fabricación é maior.

Ademais de traballar para o Arde Lucus esta asociación proxecta as súas actividades mái alá da cidade amurallada e este ano foron invitados de forma oficial ao Natale di Roma, a festa da fundación da cidade. O Cohors III Lucensim trasladou o seu campamento ao Circo Máximo de Roma onde recibiron máis de noventa mil visitas “a nosa festa non ten nada que envidiar, alí evidentemente toda a contorna e o escenario é unha marabilla pero a festa en si non é igual que aquí, son festas de recreación, hai moitos participantes pero os veciños non participan da festa”. En xullo teñen prevista unha viaxe a Moldavia e durante o ano tamén estiveron en Friol, Cambre e Portugal.

Dende a asociación gardan ao longo de todos estes anos “ un montón de momentos especiais, pero quizais para nós un momento importante foi a primeira vez que nos invitaron oficialmente fóra de España, porque foi un fito e ademais invitáronnos a un evento de gran recoñecemento a nivel europeo”.

Cohors II
Cohors grupo
0.20457291603088