Coidados porta a porta ofrece en Monterroso citas gratuítas de podoloxía e audioloxía
LugoXa
O programa Coidados porta a porta achégase ao Concello de Monterroso os días 3, 6 e 7 de novembro.
12 Out 2023
O programa Coidados porta a porta achégase ao Concello de Monterroso os días 3, 6 e 7 de novembro. A iniciativa ofrece consultas gratuítas con cita previa para a estimulación da memoria, podoloxía e audioloxía na praza Conselleiro Fernando Salgado.
As propostas están dirixidas para todas as persoas maiores de 55 anos. Os interesados poden a solicitar máis información e solicitar as súas citas a través dos teléfonos 622 748 283 ou 623 546 992 ou por medio do correo electrónico: coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal.
Con esta parada en Monterroso o programa da Xunta de Galicia continúa co seu obxectivo de ofrecer servizos asistenciais ás persoas maiores no rural para a prevención da dependencia.