Coidemos Lugo actuará por primeira vez no centro histórico da cidade
O vindeiro domingo 26 de decembro a plataforma Coidemos Lugo realizará unha nova actuación de 10.00 horas a 13.00 horas no centro histórico da cidade.
O punto de encontro será a escalinata da praza de Santa María.
Este colectivo preséntase por primeira vez ao centro para lembrar e concienciar sobre a necesidade de coidar a natureza, o patrimonio e os espazos públicos.
As prazas son limitadas e é necesaria a realización de inscrición. Esta farase a través de mensaxe privada ás redes sociais de #CoidemosLugo.
Unha acción que se suma ás xa realizadas no parque de Paradai, no barrio do Castiñeiro, na Milagrosa, Montirón, entre outras.
Coidemos Lugo
Movemento social lucense que procura xerar un sentimento de amor e respecto polo patrimonio, a natureza e os espazos públicos. Accións de concienciación