Coidemos Lugo comeza o ano cunha actuación na Abella

LugoXa
El colectivo Coidemos Lugo actuará por primera vez en este año 2022 en la zona de la Abella el próximo 22 de enero.
coidemos lugo abella
21 Xan 2022

O vindeiro sábado 22 de xaneiro a plataforma Coidemos Lugo realizará unha nova actuación de 10.00 horas a 13.00 horas na Abella.

O encontro contará coa participación co equipo de futbol sala Abella FC.

Este colectivo preséntase por primeira vez nesta zona para lembrar e concienciar sobre a necesidade de coidar a natureza, o patrimonio e os espazos públicos.

As prazas son limitadas e é necesaria a realización de inscrición. Esta farase a través de mensaxe privada ás redes sociais de #CoidemosLugo.

Unha acción que se suma ás xa realizadas no parque de Paradai, no barrio do Castiñeiro, na Milagrosa, Montirón, no Casco Histórico entre outras.

Coidemos Lugo
Movemento social lucense que procura xerar un sentimento de amor e respecto polo patrimonio, a natureza e os espazos públicos. Accións de concienciación

0.10654401779175