Coidemos Lugo sae ás rúas de Fingoi

LugoXa
O movemento social Coidemos Lugo sae ás rúas do barrio lucense de Fingoi para seguir concienciando da importancia de coidar a cidade.
Coidemos Lugo e Fundación Breogan
30 Maio 2022

O movemento social Coidemos Lugo volveu saír ás rúas esta fin de semana para concienciar sobre a importancia de coidar a cidade. Natureza, patrimonio e, en definitiva, o planeta, melloran a súa imaxe grazas á xuntanza da cidadanía.

Desta volta, foi o barrio de Fingoi o que se beneficiou do paso do movemento cidadán.

No seu camiño, coincidiron coa Fundación Breogán que lles convidou a dar unha pequena charla aos máis pequenos.

0.10843586921692