Coidemos Lugo xunta a máis de 30 persoas na Abella para a limpeza da zona

LugoXa
El colectivo Coidemos Lugo actuó por primera vez en este año 2022 en la zona de la Abella juntando a más de 30 personas.
coidemos lugo abella
22 Xan 2022

Hoxe sábado 22 de xaneiro a plataforma Coidemos Lugo relizou unha nova actuación de 10.00 horas a 13.00 horas na Abella.

O encontro contou coa participación do equipo de futbol sala Abella FC e os veciños da zona.

Este colectivo presentouse por primeira vez nesta zona para lembrar e concienciar sobre a necesidade de coidar a natureza, o patrimonio e os espazos públicos.

Entre os residuos que recolleron as máis de 30 persoas que se congregaron esta mañá, atopáronse xeringas, televisores, madeiras, etc.

Unha acción que se suma ás xa realizadas no parque de Paradai, no barrio do Castiñeiro, na Milagrosa, Montirón, no Casco Histórico entre outras.

Coidemos Lugo
Movemento social lucense que procura xerar un sentimento de amor e respecto polo patrimonio, a natureza e os espazos públicos. Accións de concienciación

0.12167692184448