Colectivo ambientais, culturais e veciñais alegan contra a Rolda Leste

LugoXa
Adega unto con colectivos ambientais, culturais, veciñais e partidos politicos alegan contra a Rolda Leste
Adega Rolda Leste
19 Abr 2023

Varios colectivos ambientais, culturais, veciñais, e grupos polı́ticos entre os que se atopan Adega Lugo, Asociación de veciñas de Bosende, Mádia Leva, ConLupa ou a Sociedade Micolóxica Lucus xuntáronse diante da Xunta de Galicia, na rolda da Muralla, para presentar as alegacións ao proxecto da Rolda leste.

Case foron vinte os puntos que sustentaron as alegacións presentadas, argumentos para solicitar o informe negativo deste proxecto que supón a destrución do pulmón verde de Lugo. En canto ao proxecto, insisten dende Adega "na falta de xustificación e dun estudo de mobilidade que determine a necesidade de executar unha infraestrutura deste tipo, con tan alto impacto ambiental, cultural e social". Para Adega este proxecto é "incompatible ademais coa Estratexia de Infraestrutura verde de Galicia".

"Un proxecto anticuado que vai en contra de todos os compromisos locais, autonómicos, estatais e internacionais de desenvolvemento sustentable" engaden, e consideran que "a DIA de hai case vinte anos non pode considerarse válida, os datos contidos son obsoletos, e contén datos erróneos, non se avalı́a correctamente o impacto do trazado do viario sobre as especies, incluı́ndo aquelas ameazadas e a información sobre fauna do proxecto do trazado actual non se axusta ao trazado actual, sendo o inventario de fauna do proxecto de trazado manifestamente incompleto, supoñendo a eliminación de especies ameazadas e contravindo ademais á lexislación ambiental vixente".

Para Adega "o proxecto non inclúe un estudo hidrolóxico, que determine e avalı́e o risco de inundacións, nunha zona sensible como é a desembocadura do rı́o Rato no Rı́o Miño" e tampouco "se fai mención algunha á que a Rolda Leste suporá a destrución de máis dunha centea de valados e outros elementos construı́dos a xunta seca, o que supón máis de 5 Km de muros construı́dos coa técnica catalogada pola Unesco como Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade".

"Sendo Lugo a única capital de provincia dentro dunha Reserva da Biosfera na Penı́nsula Ibérica, no proxecto nin se menciona, sendo incompatible co Plan de Acción da Reserva da Biosfera Terras do Miño e este proxecto non ofrece ningunha garantı́a social, cunha falta de transparencia no procedemento, sendo este de gran complexidade técnico-xurı́dica e que non garante a participación pública" conclúen dende o colectivo ecoloxista.

0.17626690864563