Colectivos de Lugo, Barreiros e Cervantes desfrutarán do Coñece a túa provincia

LugoXa | AMariñaXa
Sete entidades da provincia descobren, esta semana, Lugo de norte a sur co programa Coñece a túa provincia da Deputación
Asociacion prestancia coñece a tua provincia
7 Jun 2022

A Deputación de Lugo continúa a levar a cabo o programa de turismo provincial Coñece a túa provincia. Esta semana, sete entidades da provincia participarán nesta actividade que visitará ao patrimonio natural e cultural da provincia a través de diferentes itinerarios que os levarán á Mariña, ao sur da provincia e á comarca da Montaña.

Así, colectivos veciñais de Lugo, Barreiros e Cervantes visitarán, dende hoxe, os concellos de Cervo, O Incio, Alfoz e O Valadouro, Quiroga, O Saviñao e os municipios de Becerreá, As Nogais, Cervantes e Navia de Suarna.

As viaxes comezaron hoxe con dúas entidades do concello de Lugo. Por unha banda, membros da Asociación Veciñal San José Polvorín das Gándaras iniciaron o percorrido no Mazo de Santa Comba e, posteriormente, achegáronse ao concello de Cervo, onde visitaron a fábrica de Sargadelos, o Paseo dos Namorados e a vila de San Cibrao.

Por outro lado, integrantes da Asociación Prestancia de Lugo percorreron ás instalacións do Pazo de San Marcos e o encoro de Vilasouto, a igrexa de San Pedro Fiz de Hospital ou a Aldea da Ferrería,
no concello do Incio.

Xa o mércores, o Mazo de Santa Comba recibirá á Asociación Fillos de San Miguel de Reinante, de Barreiros, que posteriormente poñerá rumbo aos concellos de Becerreá, As Nogais e Cervantes. Tamén este día, os xubilados e xubiladas do colectivo Lucus Augusti coñecerán o traballo que se realiza na Produtora do Servizo de Audiovisuais da institución provincial e visitarán a Aldea do Piornedo ou o castelo dos Condes de Altamira, entre outros lugares de Navia de Suarna e Cervantes.

Os veciños da Asociación San Felipe de Balgos, de Cervantes, achegaranse o xoves ao Pozo da Onza ou ao Castelo de Castrodouro, ademais de a outros recursos dos concellos de Alfoz e O Valadouro. A visita comezarana no Mazo de Santa Comba. Tamén este día a Asociación ALUME Saúde Mental percorrerá as instalacións do Pazo de San Marcos e continuará a viaxe cara Quiroga, onde descubrirán a historia e o patrimonio xeolóxico da localidade.

O venres será a quenda da entidade Mulleres Rurais Tea de Araña, de Barreiros. Este colectivo desprazarase ata O Saviñao para descubrir o Ecomuseo de Arxeriz, o miradoiro Cabo do Mundo e as paisaxes da Ribeira Sacra dende o catamarán da Deputación de Lugo. Antes farán unha visita ao Pazo de San Marcos e coñecerán a historia do edificio que agora é sede da institución provincial.

A Deputada de Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, destacou o éxito do programa Coñece a túa Provincia, no que “esta semana participarán máis de 160 persoas e co que buscamos apoiar a actividade do sector turístico, hostaleiro e comercial, e, ao mesmo tempo, consolidar un modelo de turismo de calidade, sostible, con capacidade para atraer visitantes ao longo do ano, que pon en valor o patrimonio e que mantén e crea emprego, sobre todo no rural”.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.1720278263092