Colectivos sociais da cidade desfrutaron dunha nova visita guiada ao auditorio Fuxan os Ventos

A Tenencia de Alcaldía realizou unha nova visita guiada ao auditorio Fuxan os Ventos destinada a colectivos sociais da cidade.
A concelleira Maite Ferreiro destacou esta iniciativa que permite aos distintos colectivos "coñecer as instalacións deste edificio, visitando as partes que habitualmente non se poden ver como os camerinos ou o escenario".
O Goberno de Lugo organizou 6 visitas guiadas abertas a toda a veciñanza entre os meses de febreiro e marzo. De cara ao primeiro semestre do ano, o Fuxan os Ventos conta "cunha programación ampla e diversa, con actividades de artistas emerxentes e consolidados, facendo que Lugo teña unha actividade constante e de calidade nas catro grandes instalacións culturais da cidade".
A edil de Cultura destacou "o enorme éxito" que tiveron as visitas abertas á veciñanza nos meses de febreiro e marzo, "abrindo ao público as partes que habitualmente non se ven dunha infraestrutura deste tamaño", explicou.
Segundo Ferreiro, "preto de 200 lucenses puideron ver os interiores do auditorio, as partes habitualmente reservadas para artistas e profesionais da cultura, como a zona técnica ou os camerinos".