Colocada a primeira plataforma de accesibilidade do bus urbano

LugoXa
Esta estrutura, situada sobre o carril bici, facilitará o uso do transporte público aos pasaxeiros que teñan problemas de mobilidade.
autobus plataforma accesibilidade paso peons fonte dos ranchos (1)
11 sep 2021

Lugo conta xa coa primeira plataforma de accesibilidade do autobús urbano que se instala en Lugo, que facilitará o uso deste transporte público ás persoas con problemas de mobilidade.

Esta estrutura, situada fronte ao Mercadona da Ronda do Carme, será a primeira das once que se instalarán nas paradas de bus que se atopan na senda verde ciclista que está a executarse na cidade para interconectar oito barrios entre si e coa contorna do río Miño. Situaranse sete na Ronda do Carme, unha na Fonte dos Ranchos, outra na rúa Orquídea e dúas no Camiño Real.

Ademais de facilitar o embarque aos pasaxeiros, esta platafora considérase tamén un espazo sobre o carril bici que actúa como ponte entre a beirarrúa e a zona de espera do autobús, polo que o usuario gaña en seguridade ao ter preferencia sobre o ciclista.

Dos once armazóns, nove se mostran como un damero xadrezado para alertar ao ciclista de que o peón ten preferencia. As outra dúas plataformas, concretamente as do Camiño Real, son negras e non xadrezadas porque non pasan por riba do carril bici senón que se sitúan nunha zona de coexistencia e colmado de tráfico.

Ademais destas estruturas, instalaranse aparcabicis e marquesiñas aparcabicis, ademais de banco intelixentes.

A nova senda verde ciclista de Lugo terá unha lonxitude de 14 quilómetros e transformará a mobilidade dos oitos barrios que percorrerá: Paseo do Miño, Parque Rosalía, Ronda do Carme, Fonte dos Ranchos, Lamas de Prado, Abella, A Residencia e Camiño Real.

autobus plataforma accesibilidade paso peons fonte dos ranchos (2)
0.19787502288818