Colocarán aseos portátiles nos paseos de Ombreiro e Paradai, en Lugo
LugoXa
A Deputación adxudica o contrato de alugueiro de catro aseos portátiles que se instalarán no entorno dos paseos de Ombreiro e Paradai
6 Xul 2024
A Deputación adxudica o contrato de alugueiro de catro aseos portátiles que se instalarán no entorno dos paseos de Ombreiro e Paradai, no concello de Lugo. Incluíndo tamén a súa limpeza diaria, mantemento e a instalación de lavabos. A empresa adxudicataria é Recitor e Sanilu, SL, por un importe de 88.325,74 euros.
“Unha dotación importante porque tanto o Paseo de Ombreiro como o de Paradai son moi transitados pola veciñanza e pertencen á Reserva da Biosfera Terras do Miño, que xestiona a Deputación”, explicou a Deputada, que valorou ademais que “por unha parte ofrecemos un servizo para os usuarios e usuarias e, por outra, melloramos a conservación e o mantemento destes espazos públicos”.