Colocáronse dúas novas porterías no campo da festa de Piugos, en Lugo

LugoXa
O Concello de Lugo actuou en 26 destas parroquias, onde se colocaron puntos de luz e cadros eléctricos, ademais de repoñer os fundidos, como as LEDs e a limpeza de postes
colocación-porterías-en-Piugos-Lugo
10 Dec 2024

A concelleira de Cohesión Social e Territorial, Ana González Abelleira, está a supervisar estes días os traballos de mellora da iluminación e da seguridade viaria en 44 parroquias da zona rural de Lugo.

En concreto, en 26 destas parroquias colocáronse puntos de luz e cadros eléctricos, ademais de repoñer os fundidos, como as LEDs e a limpeza de postes. Ademais, noutras 18 parroquias do municipio, se está a proceder á limpeza de cunetas, desbroces e limpeza de canalizacións.

Estas actuacións supoñen un avance no plan de acción deseñado para as parroquias rurais do municipio, para o cal Ana González Abelleira estuda cada un destes núcleos co obxectivo de determinar as súas  principais necesidades no que respecta a todo tipo de infraestruturas e tamén a dotacións, desde a conservación e dinamización sociocultural dos centros cívicos, rede viaria, alumeado público, sinalización, conservación do patrimonio e equipamentos deportivos.

De feito, estes días supervisou, tamén a colocación de dúas novas porterías no campo da festa de Piugos, unha das demandas da veciñanza desta parroquia rural á que se deu resposta, en colaboración coa área de Deportes que dirixe Jorge Bustos.

O obxectivo desta iniciativa, segundo explicou a edil de Cohesión Territorial, é “mellorar a seguridade viaria no ámbito rural do noso municipio, cunha iluminación adecuada e tamén incorporando a sinalización ou os espellos que garanten esa seguridade para condutores e peóns, que nos traslada a propia veciñanza”, sinalou Ana González Abelleira.

Os traballos na mellora da iluminación, mediante a colocación ou substitución de puntos de luz fíxose nas parroquias de Ombreiro, Nadela, Pías, Soñar, O burgo, Santiago de Saa, Meilán, A Louzaneta, RubiásSan Vicente de Pedreda, Bazar, Romeán, Piugos, Bosende, Bocamaos, Coeses, San Salvador de Outeiro, A Campiña, San Pedro de Mera, San Xoán do Alto, Astrar, Santa María de Muxa, Benade, A Ponte e Barbaín.

Ademais de nestas 26 parroquias, a área de Cohesión Social e Territorial interveu noutras 18 parroquias, nas que leváronse a cabo actuacións dirixidas á mellora da seguridade viaria, mediante a limpeza de cunetas, desbroces e canalizacións, ademais de levar a cabo a colocación de sinais e espellos.

A edil responsable da zona rural cre que “grazas ao diálogo construtivo con veciños e veciñas, ademais de cos pedáneos, podemos coñecer de primeira man as súas necesidades. Así podemos realizar un estudo da situación da cada parroquia, e ao mesmo tempo, determinar as prioridades e demandas de cara área. Unha vez determinada e definida a situación, podemos actuar dun xeito áxil e efectivo e cubrir as demandas da veciñanza", sinalou Ana González Abelleira.

0.17473387718201