Comenzan as obras da nova piscina pública de Palas de Rei

LugoXa
A infraestructura da piscina será de tamaño Olímpico e accesible a todos os veciños de Palas de Rei e da contorna
obras-piscina-Palas-de-Rei
29 Apr 2025

Comenzan as obras da nova piscina pública de Palas de Rei na zona deportiva do parque empresarial e que están promovidas polo Grupo Jim Sports dentro da colaboración que está realizando co Concello. A inversión será máis de 450.000 euros e complementa outras, como foi o Centro Deportivo.

O alcalde de Palas, Pablo Taboada, valora moi positivamente esta actuación e “agradece que contribúa a reforzar todavía máis, as instalacións deportivas no municipio”.

A infraestructura da piscina será de tamaño Olímpico e accesible a todos os veciños de Palas de Rei e da contorna. As obras de desmonte e adecuación dos terreos comenzaron nestos días e teñen un prazo de execución de 6 meses.

Pablo Taboada, matiza que esta será a segunda piscina de uso público do municipio dado que a outra atópase na zona deportiva dos Chacotes.

O rexedor palense resaltou que “a fórmula de colaboración público-privada que se está a facer, con empresas como Jim Sports, tradúcese en importantes servizos para o municipio; primeiro foi o ximnasio logo o Centro Deportivo e agora compleméntase con esta zona de baño”, manifesta Pablo Taboada.

⚙ Configurar cookies
0.16729998588562