Comerciantes da Milagrosa reclaman que se remate a obra paralizada de Ángelo Colocci

LugoXa
Reclaman que se finalice o antes posible
obras-sinal-generica
14 sep 2024

Desde a Asociación de Veciños, Comerciantes e Industriais Distrito da Milagrosa, "facéndonos eco de diversas queixas veciñais, motivadas pola situación actual da rúa Ángelo Colocci na súa intersección coa rúa Lavandeiras, tras a interrupción (repentina e sen explicación á cidadanía) das obras alí iniciadas e incompletas, dirixímonos aos responsables da Concellería de Mobilidade e Infraestruturas do Concello de Lugo".

Segundo explican na actualidade e co inicio do novo curso escolar, é moi elevado o número de menores que diariamente cruzan esta rúa, cuxo paso de peóns é xa inoperativo, e fano, por tanto, correndo un grave risco de seguridade viaria.

"A teor de todo o exposto, desde a Asociación de Veciños, Comerciantes e Industriais Distrito da Milagrosa, solicitamos á Concellería de Mobilidade e Infraestruturas do Concello de Lugo que finalice a obra iniciada, o máis axiña posible", din.

0.14398193359375