Comercio na Rúa volve este martes a Lugo con máis de 70 establecementos participantes

LugoXa
A iniciativa, impulsada pola Federación de Comercio en colaboración co Concello, busca achegar o comercio local á veciñanza e dinamizar as compras
comercio_na_rua_lugo
28 Jul 2025

Este martes, 29 de xullo, celebrarase unha nova edición da iniciativa Comercio na Rúa en Lugo, unha proposta que se desenvolve o último martes de cada mes e que busca impulsar o consumo local a través da presenza dos comercios na vía pública. A actividade está promovida pola Federación de Comercio de Lugo en colaboración coa área de Dinamización Económica e Relacións Institucionais do Concello.

Nesta ocasión participarán máis de 70 establecementos da capital lucense adheridos á Federación, que contarán coa posibilidade de sacar os seus produtos á rúa durante toda a xornada. Todos eles estarán identificados cunha banderola específica da campaña, co obxectivo de facilitar a súa localización por parte dos clientes e facer visible a participación na proposta.

Comercio na Rúa pretende reforzar o vínculo entre o tecido comercial e a cidadanía, poñendo en valor a oferta de proximidade e promovendo a actividade económica nas rúas da cidade. A organización salienta que esta acción de continuidade contribúe a revitalizar o centro urbano e a consolidar unha rede comercial máis accesible e próxima para a veciñanza.

⚙ Configurar cookies
0.2260959148407