Comeza a 46 edición da Semana de Cine de Lugo

LugoXa
A cita vense celebrando anualmente dende o 1979 e arranca coa inauguración da exposición de carteis de Cine Cubano de Eduardo Muñoz
semana-de-cine-de-lugo
22 Sep 2024

Comeza a 46ª edición da Semana Internacional de Cine de Lugo, que se desenvolverá ata o vindeiro 29 de setembro. Na cita, que se vén celebrando anualmente dende o 1979, colabora o Concello de Lugo, o Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá, a Deputación de Lugo, a Xunta de Galicia e a USC.

As actividades destacadas durante a xornada de hoxe comezan ás 18.00 horas na Biblioteca Provincial coa inauguración da exposición de carteis de Cine Cubano de Eduardo Muñoz. Estará aberta ata o próximo 12 de outubro. Pola súa parte, ás 19.00 horas terá lugar o Paseo do Cine no Parque de Frigsa) co descubrimento da placa homenaxe a Baños Films, mentres que ás 20.00 horas o Salón da Deputación Provincial acollerá a presentación do libro homenaxe a Baños Films. Os asistentes ao acto de presentación, recibirán cadanseu exemplar do libro.

Finalmente, o Auditorio Gustavo Freire acollerá ás 22.0o horas a inauguración da XLVI Semana de Cine con 'A maxia da música', coa actuación da Banda Sons e Soños, dirixida por Armando Morales e do mago David Méndez. De seguido, primeira proxección da sección oficial.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17049384117126