Comeza a colocación do novo mobiliario urbano de Recatelo

LugoXa
Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, visitou xunto coa edil Cristina López, os avances realizados nas obras de peonalización en Recatelo
recatelo mobiliario
12 Ago 2022

O tenente de alcalde e concelleiro de Mobilidade e Infraestruturas, Rubén Arroxo, visitou xunto coa edil Cristina López, os avances realizados nas obras de peonalización no barrio de Recatelo, onde comezou a instalación do novo mobiliario urbano. “Hoxe comezamos a instalar os novos bancos na rúa Avelino Pousa Antelo, un dos últimos pasos antes do remate definitivo dos traballos nesta zona”, explicou Rubén Arroxo, que engadiu "esta actuación permitirá mellorar a imaxe dun barrio histórico da cidade, situado entre a Muralla e o Parque de Rosalía".

O mobiliario instalado hoxe consiste en bancos de madeira con respaldo, montados sobre unha estrutura de pedra, similares aos colocados no resto da cidade, ubicados ao longo da rúa Avelino Pousa Antelo. O percorrido de Isaac Díaz Pardo acollerá nos vindeiros días a instalación de novas xardineiras, que crearán novas zonas de sombra nesta rúa.

Para Rubén Arroxo, "Recatelo está a converterse nunha importante zona de paseo, entre o centro e o Parque de Rosalía, ao mesmo tempo que melloramos os servizos e a calidade de vida da veciñanza".

"Desde o goberno municipal seguimos traballando nunha cidade na que os peóns sexan o centro da mobilidade", afirmou Rubén Arroxo, que destacou as diversas medidas postas en marcha para este fin "como a realización de pasos de peóns elevados ou as distintas peonalizacións que se están a levar a cabo e a proxectar".

0.21139597892761