Comeza a conta atrás para o XXXVIII Festival Internacional de Danza de Monterroso

LugoXa
Este ano participará o grupo Creadanza de Colombia que, xunto coa Asociación Sociocultural Falcatrueiros, farán vibrar a todos os asistentes
falcatrueiros
10 Ago 2024

Comeza a conta atrás para dar a benvida ao XXXVIII Festival Internacional de Danza de Monterroso, que xa conta cun oco lugar importante no panorama cultural da provincia e que se celebrará o luns 12 e martes 13 de agosto. Este ano participará o grupo Creadanza de Colombia que, xunto coa Asociación Sociocultural Falcatrueiros, farán vibrar a todos os asistentes.

O luns haberá obradoiros de danzas do mundo dende as 19.00 horas e actuará a charanga Era Visto dende as 22.30 horas na Praza do Froito. O martes será a quenda de Falcatrueiros e da Compañía Artística Creadanza de Colombia que farán gozar aos presentes na praza Conselleiro Fernando Salgado a partir das 21.45 horas.

O acceso ao recinto, que inclúe tamén unha rifa, ten un prezo de 3 euros. O festival está organizado pola asociación Falcatrueiros e Festifolk España coa colaboración da Deputación de Lugo e do Concello de Monterroso.

Festival Internacional de Danza de Monterroso
0.19215703010559