Comeza a instalación dos novos colectores na zona rural

LugoXa
A área de Transición Ecolóxica do Concello de Lugo prosigue coa renovación dos colectores de lixo en todo o municipio.
colectores medio rural recollida lixo
22 Nov 2023

A área de Transición Ecolóxica do Concello de Lugo prosigue coa renovación dos colectores de lixo en todo o municipio. Deste xeito, unha vez que a renovación da rede na zona periurbana atópase moi avanzada, nos vindeiros días comezará a instalación dos novos depósitos na zona rural. En total, instalaranse ao longo das próximas semanas 860 colectores de resto, 350 de bolsa amarela e outros 200 destinados a reciclaxe de papel e cartón nas 54 parroquias atendendo ás particularidades de cada zona. “A colocación dos puntos de acopio vai a bo ritmo e a empresa concesionaria está a cumprir os prazos marcados no prego de condicións. Estase a realizar un traballo importantísimo que se estende desde o núcleo urbano ata cada unha das nosas parroquias e que, sen dúbida, está a repercutir de forma moi positiva no proceso de separación de residuos con constatados avances no ciclo de reciclaxe dos que daremos cumprida información cando remate o ano e poidamos realizar unha comparativa. O obxectivo final é aumentar a recollida nun 100% na fracción orgánica, un 78% os envases, un 42,3% a fracción resto e un 28,6% o papel cartón en 2024”, sinalou o edil.

Non en balde, ao longo das últimas semanas os traballos centráronse na instalación dos colectores na área periurbana. Así, na contorna da cidade actuouse na N-540 e as súas inmediacións. Tamén no eixo definido pola N-VI e as súas respectivas vías de servizo ata San Vicente de Coeo e Monte de Mera. Así mesmo, nesta dirección foron renovadas as illas no trazado da estrada Vella de Santiago e na estrada LU-612, en dirección a Portomarín, até a altura de Soñar. Pola súa parte, en dirección norte os traballos estiveron centrados na zona de influencia da N-640, ata Teixeiro. Tamén foi renovada a rede en numerosas urbanizacións como A Campiña, Bella Vista ou A Louzaneta.

“O ritmo de instalación está a ser de 125 colectores á semana, polo que os labores que se inician agora no rural para completar os circuitos de recollida está previsto que se extendan ao longo dos meses de xaneiro e febreiro, xa que estamos a falar de máis de 1300 depósitos nesta zona do municipio que se suman aos 960 de resto, 500 de bolsa amarela e 260 de papél e cartón postos a disposicón da veciñanza na zona urbana”, sinalou Fernández.

O concelleiro explicou que os colectores que se instalan agora na zona rural estarán equipados cos sensores intelixentes que medirán o volume e enchido co fin mellorar a súa recollida e minorar o tráfico de camións. “Esta mellora permitirá reducir o gasto enerxético e a contaminación, claves no modelo de cidade sustentable no que levamos tempo traballando desde o Executivo de Lara Méndez”, concluíu o edil de Transición Ecolóxica e Impulso Rural.

0.20879793167114