Comeza a instalación dun valado de madeira na zona verde da praza de Augas Férreas

LugoXa
Comeza a instalación dun valado de madeira na zona verde da praza de Augas Ferreas, “co fin de acoutar esta área, moi utilizada polos nenos e nenas para xogar ao balón, polo que lle aportamos maior seguridade xa que freamos que poida escapar a pelota cara a estrada”, segundo informou a alcaldesa Lara Méndez.
10 Xan 2023

Comeza a instalación dun valado de madeira na zona verde da praza de Augas Ferreas, “co fin de acoutar esta área, moi utilizada polos nenos e nenas para xogar ao balón, polo que lle aportamos maior seguridade xa que freamos que poida escapar a pelota cara a estrada”, segundo informou a alcaldesa Lara Méndez. Esta intervención da resposta á petición que lle trasladaron os residentes e pais e nais usuarios do praza.

O valado, que se coloca en forma de L, mantén a sintonía co peche do parque infantil cuberto, só que é máis alto para unha maior protección.  O coste da actuación ascende a 15.000 euros.

A rexedora aproveitou para reiterar a importancia de “respectar os espazos públicos para mellorar a imaxe da cidade”, porque “é un asunto de todos e, polo tanto, merece unha resposta común”. Por iso, apelou a “á responsabilidade, ao respecto e ao coidado da contorna e das zonas verdes”.

0.19841909408569