Comeza a limpeza e o arranxo dos bancos da Praza Maior
LugoXa
A concellería de Medio Ambiente comezou onte os traballos de limpeza e arranxo dos bancos de madeira da zona verde da Praza Maior.
5 Maio 2021
A concellería de Medio Ambiente comezou onte os traballos de limpeza e arranxo dos bancos de madeira da zona verde da Praza Maior.
O edil responsable, Miguel Fernández, supervisou o inicio destas labores. “Actuaremos nos 60 bancos, e procederemos a limpialos, lixalos e pintalos, e a cambiar os listóns rotos por uns novos en aqueles casos que sexa necesario”.
O concelleiro aproveitou para pedir a cidadanía que contribuíse a manter a cidade en condicións no día a día con pequenos xestos que permitan respectar os espazos comúns e o mobiliario urbano, “e usándoo, como son as papeleiras, porque é unha obriga de todos, concellos e veciñanza, preservar e manter o noso querido Lugo coidado”.